Pizza de polbo!

Aquí me puxen cargada de enerxía co comezo de setembro a cazolear e saíu unha moi vistosa pizza de polbo que non inventei eu,  non. Xa falan dunha que se fai en Catoira, Gago e Sole falan doutra que en Muros e outra persoa amosoume a de Chicote. Facendo unha simple busca por imaxes en internet xa vos faredes unha idea do que por aí hai…. Así que dixen: eu tamén. Aquí está a proba e dou fe de que está boa.

Logo, como a cousa ía de probar, probei a facer media con tomate e ourego e media sen estes dous ingredientes. Persoalmente quedo coa que non leva tomate nin a especia, xa que fai que se dilúa o sabor do polbo e do pementón.

Ingredientes:

Para a base: auga, levadura, sal e fariña.

Para o resto:

2 raxos de polbo xa cocidos

180 gramos de queixo da D.O.P. Arzúa-Ulloa

pementón picante e ou doce

aceite de oliva virxe

sal

*tomate natural relado e ourego

Elaboración:

Na metade da base puxen tomate e ourego, na outra metade nada. A seguir, engadín o polbo en rebandas por toda a superficie. Enriba, o queixo en anacos. Metín a pizza no forno quentado previamente a uns 200 graos 20 ou 25 minutos minutos. Ao desenfornar sazonei, espolvorexei con pementón e rociei con aceite de oliva virxe extra.

Así de doado.